• Sábado 15 de xuño

  • 11:00 – 13:00

  • Xurxo Souto

  • Contorna Torre de Hércules

  • Público xeral.

  • Entrada gratuíta ata completar prazas dispoñibles.

Paseo pola cidade-barco. As pedras do Mar da Torre

O Redondo, o Cabalo, as Longuiñas, Rabaleira, Xanrei, Gaivouteiro, Xogadoiro, Macallás… son as pedras que rodean a Torre de Hércules. Ao longo do paseo, descubriremos da man do cronista local Xurxo Souto, a eufonía e as historias que quedaron prendidas para sempre nestas rochas do mar. O paseo terminará preto do Aquarium.

Colaboran: