• Venres 22/09/23 de 9:00 h.–14:00 h.
  • Festival Mar de Mares
  • AFundación (Cantón Grande, 8)

I Foro Mar de Mares

Un lugar de debate e encontro entre diversos sectores da economía das cidades mariñeiras.

Acompañados por técnicos e técnicas especialistas en diversas materias, científicos/as, empresarios/as e traballadores/as do mar, poñeremos sobre a mesa o valor e o potencial que teñen as zonas de costa.

HORARIOS:

9:30h Benvida e presentación a cargo de Xavier Fonseca (xornalista)

10:00h Mesa 1

11:00h Pausa café

11:30h Mesa 2

12:30h Mesa 3

13:40h Peche e conclusións a cargo de Xavier Fonseca

14:00h Xantar de networking

Mesa 1

ECONOMÍA AZUL: O MAR É EMPREGO

As persoas representantes de diversas empresas do ámbito mariñeiro falarán das oportunidades que ofrece o mar en cuestións laborais. Desde a pesca artesanal á investigación científica, a innovación gastronómica ou o sector servizos, o mar ofrece múltiples oportunidades laborais.

Relatores

Margarita Hermo. Relacións Institucionais de Jealsa (Exportación)

Sandra Rellá Piñeiro I+D de ANFACO (Investigación)

Antonio Muiños CEO de Portomuiños (Innovación alimentaria)

Laura Fernández, I+D de Gabadi. (Servizos)

Modera

Javier Fraga Director de ABANCA Mar

Mesa 2

Un mar para todos? Os usos do mar tras a aprobación dos POEM

Un mar para todos? Os usos do mar tras a aprobación dos POEM. Nos próximos anos veremos transformada a paisaxe de moitas das nosas costas marítimas coa instalación de numerosos parques eólicos na costa galega. Como afectará iso a ámbitos como a pesca ou o medio ambiente? Un debate aberto entre científicos/as e representantes de ambos os sectores.

Relatores

Juan Rodríguez Fernández-Arroyo, director do Departamento de Enerxía de Inega, Xunta de Galicia.

Torcuato Teixera, portavoz da Plataforma en defensa da pesca e dos ecosistemas marinos.

Enrique Faragó, Director de portfolio de IberBlue Wind (Eólicas Marinas)

Iván García, Enxeñeiro Naútico e Biólogo Mariño de Bimartabra

Modera

Marta García UDC (Observatorio do Litoral)

Mesa 3

Ríos urbanos, recuperando as ribeiras para as cidades.

A recuperación dos ríos urbanos é unha tendencia en alza que permite, entre outras cousas, gozar de camiños fluviais esquecidos, practicar deportes acuáticos e contar con máis espazos de natureza no corazón das cidades. Persoas expertas de distintas cidades, A Coruña entre elas, contarannos a súa experiencia.

Relatores

Ricardo Vázquez, director de I+D+i Cátedra Emalcsa-UDC

Cinta Luengo, Xefa da Área de Cidades da Fundación Biodiversidad

Laura Fernández, Técnico de apoio do Servizo de Planificación de Augas de Galicia

Manuel Fontán, Técnico de Parques e Xardíns do Concello de Pontevedra

Amal Nnchachi, coordinadora do Proxecto MonRiveR

Modera

Jerónimo Puertas, Catedrático da Universidade da Coruña do Grupo de Enxeñería da Auga e Medio Ambiente (GEAMA) UDC

afundacion abanca