MAR DE MARES 2025

Un Mar conCiencia

A vida xurdiu no mar e de aí vimos todos. Somos mar, moito máis mar do que podemos imaxinar e a nosa historia e a nosa existencia estará vinculada para sempre ao océano. O mar proporciónanos osíxeno, alimento, medicinas, cosméticos, lugares de lecer, transporte, comunicación con outros pobos. E identidade. A nosa paisaxe costeira e a forza das nosas mareas moldearon durante séculos o noso carácter e foron unha grandiosa fonte de inspiración cultural e artística. Quizá por iso, o ser humano ten querenza polo mar; no noso país, en torno ao 40 % da poboación reside en zonas costeiras, porcentaxe que sobe ao 50% se falamos dos habitantes do planeta.

Vivimos ao ritmo das mareas. A XII edición do Festival Mar de Mares, volve poñer o acento na importancia de prestar atención ao océano, de sentir o seu latexo para vivir compasados e para iso, para entender o maior ecosistema do noso planeta, é necesario recorrer á ciencia. Nós queremos mostrarlles todo o noso apoio e salientar a relevancia desa ciencia que fai que coñezamos tanto do mar e na que temos postas todas as nosas miradas de futuro. Aínda nos queda tanto por descubrir!

Ademais, daremos voz tamén aos grandes expertos no mar en distintos sectores; gastronomía, arte, economía, activismo, turismo azul… A través de encontros inspiradores, showcookings, catas, paseos en barco, avistamento de aves mariñas, monólogos científicos, catas de produtos, concertos, limpeza de fondos mariños… Achégache a descubrir as mil e unha maneiras de gozar e coidar do noso océano. Ven a escoitar o corazón do océano.

Bota un ollo ás nosas redes (IG, X, FB E LK), onde anunciaremos en breve o programa.

Activismo

1, 2, 3... Acción! Volvemos mollarnos coa VI Gran Limpeza Mar de Mares-Signus. Únete a esta marea cidadá na que cada ano retiramos toneladas de lixo dos fondos mariños da Coruña. Máis de cen voluntarios baixo a auga e na superficie mellorarán o litoral da cidade.

Volvemos ao lendario Mercado de San Agustín, un dos grandes motores gastronómicos da cidade, para celebrar a parte máis lúdica e festiva: concertos, obradoiros para os nenos, charlas, xogos e moita gastronomía!  E por suposto, o pracer de coñecer a quen se empeña a diario en sacar o mellor do mar con produtos sostibles e de calidade, bocados exquisitos, artesanía, perfumes, téxtiles…

En breve publicaremos o programa.

Ecoturismo e arte

Se hai unha cidade vinculada ao océano, esa é A Coruña! Un faro de dous mil anos de antigüidade, o maior paseo marítimo de Europa, un bo número de prazas e rúas que esconden grandes historias relacionadas co mar…

Por iso programamos un bo número de actividades que nos descubrirá o potencial ecoturístico que ten esta cidade atlántica. Así poderemos avistar as aves que habitan o litoral, facer unha ruta en veleiro, camiñar polo antigo barrio dos pescadores e a Torre de Hércules da man de Xurxo Souto e coñecer a fauna e que se oculta baixo a area na praia de As Xubias cos especialistas do IEO.

Pero ademáis de mergullarnos tan profundamente na historia local da Coruña, volveremos viaxar alén dos mares coas historias de lugares lonxanos da man do Ocean Film Festque este ano volve con sete filmes curtas de amantes do mar que porán de manifesto a parte maís emocional da nosa relación co océano. E si o que ti gozas é a lectura, non deixes de pasarte polas Bibliotecas Verdes ou a FNACque coa súa selección Un mar de Libros, este ano tamén serán sedes do festival cos seus puntos de interese.

Encontros inspiradores

Son unha das actividades mais queridas do Festival, o encontro con distintos perfís de xentes que traballan no e polo mar e que teñen grandes historias que contar. Este ano contaremos coa presenza de Odile Rodríguez de la Fuente, a filla do reputado naturalista que, durante unha visita a Galicia, tivo un encontro memorable cun golfiño. Tamén nos acompañará Noemí Sabugal, a autora de Laberinto Mar, que percorreu o litoral de España para rescatar algunhas das historias máis bonitas da nosa relación cos mares que nos rodean. Estará acompañada del fotógrafo Pablo. J. Casal, autor das fotografías do seu libro. Tamén contaremos coa compañía do biólogo Javier García Galgo, autor do libro Un mar de preguntas. E para acabar, teremos os sempre divertidos monólogos científicos de Big Van Cienciaun colectivo no que os biólogos mariños farannos gozar da materia como nunca.

Cada vez ten máis peso a economía azul, aquela que ten ao océano como motor de crecemento e innovación para un desenvolvemento económico sostible. E é obvio que Galicia debe ser un dos grandes polos deste sector pola súa gran frota pesqueira, a súa relevante industria de transformación alimentaria, as numerosas empresas relacionadas co sector marítimo-portuario e dous dos portos pesqueiros máis importantes do continente. A todo iso únese o potencial en enerxías mariñas e un gran atractivo turístico, que fai que a economía de Galicia sexa azul. O III Foro Azul Mar de Mares ten como obxectivo poñer en valor todo o seu potencial e converterse no lugar de reflexión sobre a transición cara a un modelo socioeconómico máis sostible.

Onde se celebra?

Solo en A Coruña podría tener lugar un festival como Mar de Mares. Rodeada de mar, su configuración geográfica, su puerto, su historia marinera, su paseo marítimo de 13 kilómetros—el más largo de Europa— y su faro, el más antiguo del mundo aún en funcionamiento, la convierten en un escenario perfecto para reivindicar el mar como uno de los grandes motores económicos, culturales y de ocio de Galicia. El Festival se celebrará en distintas ubicaciones de la ciudad como el Mercado de San Agustín, la Domus, el Cine Avenida, la Dársena de la Marina, etc

Quen o organiza?

O Festival Mar de Mares está organizado pola Asociación Redes de Sal e conta co apoio de diversas institucións públicas, como o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, pero tamén recibe patrocinio privado e conta coa colaboración de numerosas institucións que traballan no eido mariño.

Redes de Sal é unha asociación sen ánimo de lucro que nace co fin de defender e de fomentar o patrimonio mariño das costas en xeral e do Golfo Ártabro en particular, poñer en valor a riqueza natural e cultural que xeran os nosos mares e promover unha nova relación, máis amable e sustentable, da cidadanía co océano.

Director
Luis Cousillas

Directora Artística
Silvia Oviaño

Coordinación
Cynthia Rodríguez
Eva Fouce

Comunicación / RR.SS.
Salitre Studio

Deseño
Molotov Cóctel Creativo

Adaptaciones gráficas
David Pazos / Art Sinners

Fotografía y vídeo
Raúl Lorenzo Andrade

Década de los océanos 2021-2030

A DÉCADA DOS OCÉANOS

A ciencia que necesitamos para o océano que queremos

Únete a #OceanDecade