Este verán, A Coruña encherase de mar e aventura, mar e ciencia, mar e gastronomía, mar e arte, mar e música, mar e cultura e, sobre todo, mar e activismo.

Porque queremos celebrar toda a grandeza que atesouran os océanos e compartir contigo a nosa paixón polo mar e a urxente necesidade de preservalo.