O Festival Mar de Mares aposta polo turismo sustentable

E A Coruña aposta por este modelo, e así se reflicte tamén na súa gastronomía, na súa oferta hoteleira ou na súa programación cultural e deportiva, que dan pasos firmes neste sentido. Co coidado e a protección dos nosos océanos presente á hora de tomar decisións. Porque a cidade respira Atlántico por todos os seus puntos cardinais e  soña en Atlántico

Ademais de gozar de todos os atractivos da cidade atlántica por excelencia, o Festival Mar de Mares ofréceche a oportunidade de degustar o sabor do mar coruñés coas Mar-idaxes 1906, as propostas de bocados mariñeiros de cociñeiros locais inspirados por Ángel León e Javier Olleros, dispoñibles neste roteiro gastronómico. E se o que che gusta é o relax saúdable, non deixes de visitar Termaria, a Casa da Agua cuxas piscinas de Talaso ofrecen as propiedades da auga do mar captada na baía de Riazor. Seguro que atoparás no programa algunha actividade que che interesa, xa sexa gastronomía, arte, música, paseos ou percorridos en veleiro pola baía, entre moitas outras.

E se vés de lonxe, Renfe, entidade colaboradora do Festival, ofréceche a oportunidade de viaxares comodamente en tren e de beneficiarte de descontos para traxectos de Longa Distancia (Alvia e Intercity). Para obter o desconto non tes máis que enviarnos un correo electrónico a info@festivalmardemares.org e farémosche chegar toda a información. O desconto é válido para viaxar entre o 21e o 28 de setembro.

Na web de Turismo da Coruña atoparás toda a información que necesitas sobre a cidade e a súa oferta turística. De todos os xeitos, velaquí tes unhas seccións especialmente útiles para xestionares a túa viaxe:

Ben sexa só, con amigos ou coa familia, agardámoste no mes de setembro. Ven á Coruña e sente o latexo e a alma do mar.