NOTA DE PRENSA

A novena edición deste evento multidisciplinar único no mundo volve converter A Coruña, entre o 15 e o 18 de setembro, na gran capital dos océanos

UNA EXPLORADORA E UNHA OCEANÓGRAFA, PROTAGONISTAS DO FESTIVAL MAR DE MARES POLO SEU PAPEL COMO REFERENTES DA MULLER NAS GRANDES XESTAS MARIÑAS E O COMPROMISO AMBIENTAL CO OCÉANO

  • A galega Chus Lago e a catalana Gador Muntaner ofrecerán senllos encontros inspiradores nos que contarán ao público as súas experiencias e porán en valor o punto de vista feminino, case sempre esquecido, na historia das grandes aventuras no mar
  • Chus Lago contará a súa experiencia como a primeira persoa española en chegar á Antártida en solitario, tras arrastrar durante 59 días un trineo que pesaba o dobre que ela.
  • Gador Muntaner é unha das grandes especialistas do mundo en tiburóns e charlará sobre as súas investigacións para o coidado e a protección destes escualos. Tamén participará xunto a decenas de voluntarios na limpeza dos fondos mariños coruñeses
  • Baixo a lema “Colle a onda”, Mar de Mares regresa cun programa épico e cargado de ecoloxía, activismo, ciencia, cultura, lecer e gastronomía para homenaxear aos heroes que loitaron pola conservación do mar, nun ano no que tamén lembramos o 500 aniversario da primeira volta ao mundo mariña, a aparición do ‘Endurance’, o barco da expedición á Ántártida de Shackleton, ou catástrofes ambientais como os vertidos nucleares á fosa atlántica e os desastres do ‘Mar Exeo’ e o ‘Prestige’

 

A Coruña, 25 de agosto de 2022. El Festival Internacional Mar de Mares, un evento único pola visión multidisciplinar coa que aborda a divulgación e concienciación sobre os océanos, regresa este 2022 baixo a lema “Colle a onda” e co programa máis épico da súa historia. Na súa xa novena edición, que terá lugar entre os próximos días 15 e 18 de setembro na Coruña -cidade que un ano máis converterase na capital mundial dos mares-, a temática central xirará ao redor das grandes expedicións e aventuras que tiveron o mar como escenario, e que ademais de achegar gran coñecemento científico en moitos casos cambiaron conciencias, e tamén leis, no compromiso ambiental.

Entre todas elas Mar de Mares quere destacar este ano as protagonizadas por mulleres, as grandes esquecidas na historia das xestas mariñas, devolvéndolles así o lugar e o recoñecemento que merecen. A visión da experiencia feminina nos océanos achegarana durante o festival a exploradora e alpinista Chus Lago e a oceanógrafa Gador Muntaner, que participarán en senllos encontros inspiradores co público asistente.

A montañeira, aventureira, ex política e escritora Chus Lago (Vigo, 1964) foi a segunda española en subir ao Everest sen axuda de osíxeno e é a única deportista viva co título de Leopardo das Neves (concedido a alpinistas que lograron coroar o cinco cumes máis altos da extinta Unión Soviética). En Mar de Mares contará a súa experiencia na misión que a levou, tras os pasos dos seus admirados Amundsen, Scott e Shackleton, a ser a primeira persoa española (home ou muller) en chegar á Antártida en solitario tras arrastrar durante 59 días un trineo que pesaba o dobre que ela.

Pola súa banda, a investigadora, mergulladora e conservacionista Gador Muntaner (Barcelona, 1991), unha das especialistas no estudo de tiburóns máis prestixiosas a nivel mundial, dará o seu testemuño tras moitos anos dedicada á investigación, o coidado e a protección destes escualos, así como a conseguir máis áreas mariñas protexidas. Muntaner vive en México, nun dos enclaves máis importantes de colonias de tiburóns, e forma parte de OrgCas, unha oenegué de 11 mulleres dedicadas á conservación mariña que traballa man a man con pescadores locais. Por tanto, non podía faltar a unha das actividades máis destacadas de Mar de Mares, a III Gran Limpeza de Fondos Mariños da Coruña. Trátase dunha espectacular acción civil a favor dos mares que se desenvolverá no corazón da cidade, nunha zona emblemática como é a contorna do Castelo de San Antón, de especial interese arqueolóxico subacuático.

Numerosas actividades

Os catro días de Mar de Mares, cuxo obxectivo é celebrar toda a riqueza que achegan os océanos co compromiso de coidalos e preservalos, darán para moito máis. O festival trae por primeira vez a España unha exposición coas mellores fotografías das expedicións protagonizadas por dous exploradores británicos míticos como Scott e Shackleton na conquista do Polo sur. Tamén haberá interesantes charlas divulgativas, así como unha homenaxe aos heroes que loitaron pola saúde dos océanos nun ano marcado polas efemérides. Así, este 2022 celebramos o 500 aniversario da primeira volta ao mundo mariña e, na cara máis escura da nosa historia, encadeamos tres aniversarios: os 20 anos do afundimento do ‘Prestige’, os 30 do desastre do ‘Mar Exeo’ e os 40 das protestas polos vertidos nucleares á fosa atlántica, a bordo do pesqueiro ‘Xurelo’. En paralelo, Mar de Mares ofrecerá unha nutrida oferta de lecer, o Mercado do Mar, expositores e actividades, música en directo, proxeccións de cinema, talleres para familias e visitas para descubrir a cara máis mariñeira da Coruña.

Sobre o Festival Internacional Mar de Mares

Desde a súa creación, Mar de Mares traballa por un futuro máis sustentable promovendo a reflexión e convidando á cidadanía a tomar partido polos mares, co obxectivo de celebrar toda a riqueza que nos achegan os océanos e o compromiso co seu defensa e coidado. Ao longo destes anos, o Festival consolidouse como un espazo de reflexión grazas aos seus completos programas e á participación de referentes mundiais que nos contaxiaron o amor polo mar e nos regalaron marabillosas historias sobre os océanos. Ao longo do oito edicións celebradas, Mar de Mares reuniu na Coruña a preto de 200.000 persoas a través das súas máis de 250 actividades organizadas no oito edicións anteriores.