MAR DE MARES 2023

O MAR É FUTURO

Que el océano es el mayor ecosistema de nuestro planeta es un hecho que nadie cuestiona ya. El 70% de la superficie de la tierra genera la mitad del oxígeno que respiramos, así que aunque sea por una cuestión interesada, seguir respirando, deberíamos estar todos comprometidos en cuidar los mares. Pero además, es indudablemente uno de los mayores activos de aquellas poblaciones de costa. En la X edición del Festival, queremos poner en valor la economía del mar y mostrar todas las oportunidades que nos ofrece.

Por iso este ano inauguramos o Foro Mar de Mares un lugar de encontro de expertos en xestión de recursos mariño desde distintos sectores como son as eólicas mariñas e a pesca, analizaremos o mar como gran recurso das cidades costeiras, falaremos do futuro dos océanos como xeradores de emprego e, por último, escoitaremos historias de cidades que apostan pola recuperación dos ríos urbanos (que van dar ao mar). O Foro será un ágora na que científicos e emprendedores conversen sobre as diversas cuestións que atanguen ao futuro mariño.

Bótalles un ollo ás nosas redes, onde en breve anunciaremos o programa.

Arte e Ecoturismo

A Coruña segue sendo centro e motor do Festival. Este ano tamén será obxecto da exposición do Festival e poderemos ver, por primeira vez, as imaxes de A Coruña Eterna, un proxecto de Estación Visual producido para o Festival, no que amosan a evolución da cidade -cambiante sempre en función dos niveis do mar- desde hai 350.000 anos.

Ademais, contaremos con numerosas actividades que nos descubrirán o potencial ecoturístico que ten A Coruña con só percorrer as súas paisaxes e as súas rúas procurando a súa riqueza natural e as grandes historias urbanas relacionadas co mar. avistar las aves que habitan no litoral, facer unha ruta salgada en veleiro,, descubrir o leito oculto do río Monelos, camiñar polo antigo barrio dos mariñeiros e a Torre de Hércules da man de Xurxo Souto e coñecer a fauna que se oculta debaixo da area na playa de As Xubias cos especialistas do IEO.

Pero, ademais de mergullarnos tan profundamente na historia da Coruña, volveremos viaxar coas historias de lugares afastados no Ocean Film Fest, que este ano volve con sete filmes curtos de amantes do mar que nos apaixonarán co relato da súa relación co medio. E se queres máis contos do mar, non deixes de pasar polas Bibliotecas Verdes ou a FNAC, que coa súa selección Un mar de Libros, este ano tamén serán sedes do Festival cos seus puntos de interese.

Encontros inspiradores

Son unha das actividades mais queridas do Festival, o encontro con distintos perfís de xentes que traballan no e polo mar e que teñen grandes historias que contar. Este ano contaremos con Nacho Dean, ambientalista e explorador que acaba de dar a volta a España en veleiro, e con Fernando Valladares, científico experto nos efectos do cambio climático e, ademais, contaremos coa presencia en dous encontros de catro mulleres moi novas que defenden o mar desde distintos ámbitos: a pesca (María Maceiras e María Fontán), o activismo e a comunicación (Climabar). Todo un exemplo de activismo da mocidade.

Gastronomía

O cru e o cocido, a visita á Lonxa con almorzo mariñeiro elaborado por Iván Dominguez é xa un clásico do Festival. Ademais, no Mercado teremos os habituais showcookings a cargo de renomeados cociñeiros así como as distintas degustacións e venda de produtos a cargo dos expositores.

Activismo

Paréceche moito blablabla? Se o que queres é acción, aquí a tes. Podes participar na IV Gran Limpieza de Fondos Signus, que volverá a reunir máis de cen mergulladores no litoral da cidade. E se queres coñecer as claves do activismo desde a comunicación, non perdas o encontro con Climabar.

Mercado
Mar de Mares

A parte mais festiva e gozosa do Festival volve ao Parroteconcertos, obradoiros para a rapazada, charlas, catas, degustacións, xogos… O océano ofrécenos unha cantidade infinita de produtos que poderemos coñecer, probar e mercar no Mercado Mar de Mares, bocados exquisitos, artesanía, perfumes, téxtiles. E como todos os anos, poderemos bailar e cantar ao son dos grupos seleccionados para esta edición.

Pronto publicaremos o programa.

Hai dez anos, o equipo fundacional de Mar de Mares, Merce Carballo, Silvia Oviaño e Luis Cousillas, presentabámoslle ao Concello da Coruña un proxecto para falar do mar desde diversos puntos de vista. Curtidos no mundo da xestión cultural, soñabamos con facer un encontro no que artistas, científicos, educadores, activistas e xentes do mar falasen da súa paixón por este medio e nos descubriran razóns polas que é necesario coidar os mares. Alén de todo ese amor froito da esmagadora paisaxe mariña, buscabamos (re)namorármonos do mar e ter mil motivos para facer unha defensa do océano a través dos números e datos científicos, a inspiración que nos produce a obra dos artistas que se inspiran no mar, a paixón nas historias das xentes do mar -pescadores, mariñeiros, fareiros, aventureiros- e a complicidade de todas aquelas persoas que, coma nós, atopaban no océano o mellor dos lugares.

Neste tempo, reunimos máis de 300 relatores, realizamos case 350 actividades e fixemos nove edicións polas que pasaron unhas 350.000 personas. Saímos nos medios de comunicación máis de 1.000 veces, recollemos 10 toneladas de lixo das praias e bailamos ó son de case 30 grupos musicais, degustamos os mellores produtos do mar e escoitamos -e probamos os pratos- dos cociñeiros que maior compromiso teñen co mar nestes intres. Viaxamos en veleiro pola Baía da Coruña polo Golfo Átabro pero tamén nos achegamos á Antártida e outros mares afastados da man de fotógrafos e expedicionarios de todo o mundo. Emocionámonos coas numerosas películas proxectadas e recitais de poesía e prosa de autores moi mariñeiros, nadamos en augas abertas, paleamos en kaiak e tamén nos mergullamos. Reconectamos, así, coa historia máis mariñeira da Coruña. En definitiva, encontramos infinitas razóns para amar o mar e defendelo con todas as nosas forzas.

Desta travesía conservamos a ilusión coa que lle presentamos o proxecto ao Concello da Coruña, que desde o primeiro momento se converteu nun grande apoio do festival, e tamén os moitos amigos que levamos feito ao longo do camiño e que ano tras ano nos permitiron sacar adiante o Festival Mar de Mares. Sen o apoio de todas as institucións públicas e privadas non poderiamos estar aquí. E sen a enerxía que nos transmite o público do festival, tampouco.

A punto de iniciar a décima singradura, namentres soltamos amarras, querémosvos convidar a toda a xente a que vos unades a esta gran festa dos océanos que será a X Edición do Festival Mar de Mares.

«Todo listo, almirante, para el gran viaje.» Manuel Rivas

X anos de historia

Onde se celebra?

Solo en A Coruña podría tener lugar un festival como Mar de Mares. Rodeada de mar, su configuración geográfica, su puerto, su historia marinera, su paseo marítimo de 13 kilómetros—el más largo de Europa— la convierten en un escenario perfecto para reivindicar el mar como uno de los grandes motores económicos, culturales y de ocio de Galicia. El Festival utiliza la fachada marítima de la Marina y el Parrote, las calles y playas de la ciudad y hasta las aguas que la rodean para celebrar sus numerosas actividades. Y como todos los años, contará con los Museos Científicos, Domus y Aquarium Finisterrae para algunas de sus actividades de interior.

Quen o organiza?

O Festival Mar de Mares está organizado pola Asociación Redes de Sal e conta co apoio de diversas institucións públicas coma o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, pero tamén se nutre do apoio privado e suma a colaboración de numerosas institucións que traballan no ámbito mariño.

Redes de Sal é unha asociación sen ánimo de lucro que nace co fin de defender e fomentar o patrimonio mariño das costas e do Golfo Ártabro en particular, pór en valor a riqueza natural e cultural que xeran os nosos mares e promover unha nova relación, mais amable e sostible, da cidadanía cos océanos.

Director Gerente
Luis Cousillas

Directora Artística
Silvia Oviaño

Coordinación
Aarón Navia

Gestión de Proyectos
Merce Carballo

Prensa
Carmina Escrigas

Redes
Laura Caballero

Comunicación Publicitaria
Molotov Cóctel Creativo

Diseño gráfico y maquetación
Artsinners

Década de los océanos 2021-2030

A DÉCADA DOS OCÉANOS

A ciencia que necesitamos para o océano que queremos

Únete a #OceanDecade