MAR DE MARES 2024

ÉNCHETE DE OCÉANO

A historia da humanidade está estritamente vencellada ao océano, o maior ecosistema do noso planeta, que ademais é unha das grandes fontes de enerxía, xerador de osíxeno, alimento e medicina, forxador de culturas, fonte de inspiración de artistas e lugar de lecer para todos. Por todo iso, celebramos, por undécimo ano consecutivo, o Festival Mar de Mares, un lugar de encontro de científicos, expertos oceanográficos, artistas, emprendedores, cociñeiros expertos en produtos do mar e activistas que nos contaxiarán o seu entusiasmo e compromiso por e co mar.

Como todos os anos, contaremos cunha programación para todos e todas, con exposicións, concertos, encontros inspiradores, mercado, gastronomía, ciencia e activismo. Celebraremos tamén o II Foro Azul Mar de Mares, unha xornada para descubrir todas as opcións de futuro da economía mariña. Todo no mellor escenario posible, A Coruña, cuxa estreita realción co océano merece atención especial na programación do Mar de Mares. Pero eso si, este ano temos novidades; estreamos datas e sedes. O Festival móvese a xuño, coincidindo co Día Mundial dos Océanos (08/06) e o Mercado Mar de Mares trasládase a un lugar moi querido polos habitantes da Coruña, o Mercado de San Agustín, o que nos permitirá ofrecer novos formatos na programación. Non o podes perder!

Bótalle un ollo ás nosas redes, onde, en breve, anunciaremos o programa.

Arte e Ecoturismo

Un faro de dous mil anos de antigüidade, o maior paseo marítimo de Europa, un bo número de prazas e rúas que agochan grandes historias relacionadas co mar… Como non ía ser na Coruña? Por iso, programamos un bo número de actividades que nos descubrirán o potencial ecoturístico que ten esta cidade atlántica. Así poderemos avistar as aves que habitan no litoral, facer unha ruta en veleiro, camiñar pola contorna da Torre de Hércules da man de Xurxo Souto e coñecer a fauna que se oculta debaixo da area na praia das Xubias cos especialistas do IEO.

Pero ademáis de mergullarnos tan profundamente na historia local da Coruña, volveremos viaxar alén dos mares coas historias de lugares lonxanos do Ocean Film Fest, que este ano volve con sete filmes curtas de amantes do mar que porán de manifesto a parte maís emocional da nosa relación co océano. E si o que ti gozas é a lectura, non deixes de pasarte polas Bibliotecas Verdes ou a FNAC, que coa súa selección Un mar de Libros, este ano tamén serán sedes do Festival cos seus puntos de interese.

E como non, tamén contaremos cunha inspiradora exposición sobre el océano na que tres fotógrafas galegas, Cris Romero, Ariadna Silva Fernández e María Muiña amósannos tres miradas moi diferentes do océano.

Encontros inspiradores

Trátase dunha das actividades mais queridas do Festival, o encontro con distintos perfís de xentes que traballan no e polo mar e que teñen grandes historias que contar. Este ano contaremos coa presencia de Olivia Mandle, xoven activista medioambiental que con só 16 anos xa se converteu nunha das voces máis recoñecidas pola Unión Europea e a ONU, entre outros, na defensa e coidado do océano. Tamén contaremos con Rogelio Santos Queiruga, un dos nomes máis coñecidos no mundo da pesca galega, que nos falará da súa paixón polo seu traballo e pola divulgación en favor do medio mariño e coas palabras da escritora Mónica Fernández-Aceytuno, que nos falará das 104 mellores palabras do mar..

Gastronomía

O cru e o cocido, a visita á Lonxa con almorzo mariñeiro elaborado por Iván Dominguez, do restaurante NaDO é xa un clásico do Festival. Ademais, no Mercado contaremos con la presencia de Javier Freijeiro y Moncho Bargo de Pracer (A Coruña), así como la posibilidad de degustar las tapas de A Artesa da Moza Crecha (Betanzos) y el innovador cocido marinero de Taberna Triay asi como as distintas degustacións e venda de produtos dos expositores.

Activismo

Paréceche moito blablabla? Se o que queres é acción, aquí a tes. Podes participar na V Gran Limpeza de Fondos Signus, que volverá reunir a decenas mergulladores e voluntarios no litoral da cidade. Tamén os Encontros con Olivia Mandle e Rogelio Santos Queiruga afondarán na necesidade de coidar o noso patrimonio natural.

Mercado
Mar de Mares

A parte más lúdica y animada do festival ben merece ir a primeira este ano, porque estreamos sede! Imos a un dos lugares máis queridos pola cidadanía da Coruña, o Mercado de San Agustín, o que nos permitirá contar con novos formatos de actividades ao tempo que mantemos as favoritas do público; concertos, obradoiros para as crianzas, charlas, catas, degustacións e xogos… E, por suposto, o goce de coñecer a quen se empeña a diario en sacar adiante o mellor do mar con produtos sostibles e de calidade, bocados exquisitos, artesanía, perfumes, téxtiles…

En breve, publicaremos o programa.

II Foro Azul Mar de Mares

Chámase economía azul aquela que considera os mares e océanos como motores de crecemento e innovación para un desenvolvemento económico sostible. E resulta obvio que Galicia, que conta cunha das maiores flotas pesqueiras do mundo, unha enorme industria de transformación alimenticia, numerosas empresas relacionadas co sector marítimo-portuario e dous dos peiraos pesqueiros máis importantes do continente, ademais dun gran potencial en enerxías mariñas e un grande atractivo turístico, é a capital europea da economía azul. O II Foro Azul Mar de Mares ten como obxectivo pór en valor o potencial económico mariño na economía de Galicia, España e Europa e converterse nun lugar de reflexión sobre a transición cara a un modelo socioeconómico máis sostible. II Foro Azul Mar de Mares tiene como objetivo poner en valor el potencial económico marino en la economía de Galicia, España y Europa y convertirse en el lugar de reflexión sobre la transición hacia un modelo socioeconómico más sostenible.

É unha honra levar once anos sendo un festival único no mundo, o único que mira ao mar desde todos os ángulos posibles; científico, artístico, cultural, económico, gastronómico, educativo, activista… E sempre co obxectivo de facer unha programación para públicos de todas as idades e gustos diversos. Neste tempo, reunimos preto de 350 relatores, producimos unhas 400 actividades e fixemos dez edicións polas que pasaron case 300.000 persoas. Saímos no medios de comunicación máis de 1 100 veces, recollemos doce toneladas de lixo das praias e bailamos ao ritmo de 33 grupos musicais, degustamos os mellores produtos do mar e escoitamos —e probamos os pratos— dos cociñeiros que, neste momento, maior compromiso están a manter co mar. Viaxamos en veleiro pola Baía da Coruña e polo Golfo Ártabro, pero tamén nos achegamos á Antártida e outros mares afastados daman de profesionais da fotografías e expedicionarios e expedicionarias de todo o mundo. Emocionámonos coas numerosas películas proxectadas e recitais de poesía e prosa de autores e autoras moi mariñeiros, nadamos en augas abertas, démoslle ás pás en kaiak e tamén nos mergullamos. Reconectamos, así, coa historia máis mariñeira da Coruña. En definitiva, encontramos infinitas razóns para amar o mar e defendelo con todas as nosas forzas.

Conservamos a ilusión do primeiro ano e moitos dos amigos que fixemos no camiño. Sen os patrocinadores públicos e privados non sería posible ofrecer un programa tan amplo e de balde. E sen a enerxía que nos transmite o público do festival, tampouco.

A piques de iniciar a décimo primeira singradura, namentres soltamos amarras, querémosvos convidar a todas e todos a que vos unades a esta gran festa dos océanos que será a XI Edición do Festival Mar de Mares.

“Todo listo, almirante, para a gran viaxe.” Manuel Rivas

XI anos de historia

Onde se celebra?

Solo na Coruña podería ter lugar un festival como Mar de Mares. Rodeada de mar, a súa configuración xeográfica, o seu porto, a súa historia mariñeira, o seu paseo marítimo de 13 kilómetros—o máis longo de Europa— convírtena nun escenario perfecto para reivindicar o mar como un dos grandes motores económicos, culturais e de ocio de Galicia. O Festival celebrarase nas rúas e praias da cidade, no Mercado de San Agustín, na Lonxa e na Domus.

Quen o organiza?

O Festival Mar de Mares está organizado pola Asociación Redes de Sal e conta co apoio de diversas institucións públicas coma o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, pero tamén se nutre do apoio privado e suma a colaboración de numerosas institucións que traballan no ámbito mariño.

Redes de Sal é unha asociación sen ánimo de lucro que nace co fin de defender e fomentar o patrimonio mariño das costas e do Golfo Ártabro en particular, pór en valor a riqueza natural e cultural que xeran os nosos mares e promover unha nova relación, mais amable e sostible, da cidadanía cos océanos.

Director Gerente
Luis Cousillas

Directora Artística
Silvia Oviaño

Coordinación
Aarón Navia

Gestión de Proyectos
Merce Carballo

Comunicación e redes sociais
Laura Caballero

Comunicación Creativa
Molotov Cóctel Creativo

Documentación gráfica
Álvaro Arribi y Raúl Lorenzo

Década de los océanos 2021-2030

A DÉCADA DOS OCÉANOS

A ciencia que necesitamos para o océano que queremos

Únete a #OceanDecade