Mar de Mares

Ano tras ano, o Festival Mar de Mares converte A Coruña na capital mundial dos océanos, un punto de encontro para todos aqueles namorados do mar que, ademais de gozar desta paisaxe, tamén se preocupan pola súa supervivencia e loitan por deixar uns mares limpos e sans para as próximas xeracións. Artistas, científicos, activistas, educadores, cociñeiros, deportistas, aventureiros e emprendedores e, por suposto, o público convértense durante uns días na voz dos océanos.

Desde a súa primeira edición en 2014, Mar de Mares reuniu algúns dos nomes imprescindibles no estudo, na creación artística e na defensa dos océanos, como son David Doubilet, Cristina Mittermeier, Mandy Barker, Cristóbal Serrano, Jennifer Hayes, Daniel Beltrá, Lucy Gilliam, Telmo Aldaz de la Quadra-Salcedo, Skeleton Sea, Isabel Muñoz…, e moitas outras figuras que nos transportaron a mares remotos e ás profundidades dos océanos para darnos a coñecer a impresionante beleza e a importancia vital dos mares nas nosas vidas.

Os mares galegos e as súas xentes tamén teñen sido grandes protagonistas en todas as edicións; artistas, científicos, divulgadores, cociñeiros, navegantes e activistas, entre moitos outros, que nos emocionaron coas súas imaxes e relatos sobre as costas galegas: Xulio Villarino, Jorge Candán, Iván Domínguez, Manuel Rivas, Sekone, Susana San Román, María José Arceo, Xosé Iglesias, Domingo Villar y Nacho Carretero, son só algúns dos nomes dos galegos e galegas que nos teñen contaxiado o seu espírito Atlántico.

Nestes sete anos preto de 160.000 persoas desfrutaron das máis de 200 actividades programadas, unha cifra que nos enche de orgullo, especialmente porque o festival está pensado por e para a cidadanía e todos os anos o Festival ofrece ducias de actividades participativas e abertas a todo tipo de público: exposicións, obradoiros activistas, encontros inspiradores, intervencións artísticas, ciclos de cine, gastronomía, visitas intermareais, percorridos en veleiro, un mercado do mar… Unha programación lúdica e inspiradora para lanzar unha mensaxe realista sobre o presente, pero optimista en canto ao futuro, e para achegar numerosas solucións e ideas que invitan á reflexión e á acción. E o mellor de todo, pensada para non deixar ninguén en terra, con actividades para todos os públicos e todas as idades; amantes da música, apaixonados da arte, para foodies e para os tolos da navegación, para activistas da natureza e para emprendedores responsables e consumidores concienciados, para lectores e cinéfilos e para amantes da acción e do deporte.

Mar de Mares 2021. Por amor ao mar

Oito anos remando a favor dos océanos converteron A Coruña na cidade máis comprometida co océano e o Festival Mar de Mares nun lugar de encontro, debate e intercambio de ideas para todos aqueles que soñan e actúan para lles deixar un mundo mellor ás xeracións vindeiras.

É o momento de reescribir un futuro que xa é presente. O ano 2021 é o ano da recuperación en verde e coincide co inicio da #décadadosocéanos Mar de Mares pon o foco nas áreas mariñas protexidas. Preservar determinadas zonas da pesca, do tráfico marítimo e doutras actividades propicia a rexeneración da fauna e da flora e favorece a recuperación de especies e a biodiversidade. Trátase de protexer para xerar vida, de deixar que algunhas zonas descansen para volver producir e aproveitar os recursos de xeito sostible.

Coidar os océanos é coidarnos a nós mesmos

Na actualidade, só o 2 % da superficie mariña está protexida e a comunidade científica reclama de maneira unánime que se aumenten os espazos mariños protexidos. Mar de Mares quere ser o altofalante daqueles científicos que traballan en distintas áreas e que coñecen de primeira man os efectos beneficiosos destas zonas preservadas. Manu San Félix é biólogo mariño e leva catro décadas mergullando. O fotógrafo e realizador submarino virá á Coruña para falar de Pristine Seas, unha iniciativa de National Geographicna que leva embarcado nove anos e cuxo obxectivo é aumentar a protección dos océanos. O 80 % das zonas protexidas logrouse grazas ás campañas deste programa.

E da imaxe pasamos ao son, Michel Andréenxeñeiro de bioacústica, leva dúas décadas estudando os sons da natureza, un sentido que é especialmente importante no escuro universo das profundidades mariñas. Para André, o estudo dos sons é fundamental para tomar medidas a prol da conservación e rexeneración da biodiversidade, respectando os retos económicos e sociais actuais.

Unha das grandes funcións dos océanos é provernos de alimentos e por iso a gastronomía ten tanto que achegar ao coidado dos mares. Este ano contamos con dous invitados de excepción; Angel León, de Aponiente (Cádiz), considerado “o chef do mar” pola súa achega na cociña mariñeira e Javier Olleros, do restaurante Culler de Pau, no Grove, coñecidos polo seu forte compromiso cos océanos e por ser defensores dunha cociña de quilómetro cero. Ambos suman cinco estrelas Michelín e son o mellor exemplo da gastronomía do bo facer ao servizo do sabor e da sustentabilidade.

Francisco Sánchez, biólogo marino e investigador del IEO de Santander ha dedicado su vida a la protección de los mares y conoce bien las áreas más protegidas de la costa española, como son el Cachucho y el Sistema de Cañones de Avilés, en Asturias, y el Banco de Galicia, situado fronte ás costas galegas. Sánchez falaranos da importancia de protexer estas zonas e de como evolucionou a ciencia nas últimas décadas para ser menos intrusiva nas investigacións mariñas. Finalmente, contaremos coas trepidantes historias de mulleres que viven por e para o océano; Mulleres que protexen o mar traeranos trepidantes experiencias de mulleres, como a navegante e aventureira Barbara Veiga. E, como todos os anos, Mar de Mares ofrece a posibilidade de participar e de pasar á acción; polo tanto, volvemos organizar a Gran Limpeza de Fondos Mariños na Coruña, co desexo de superar as seis toneladas de lixo que sacamos no 2019.

Celebramos o mar, lucimos orgullo mariñeiro.

Protexer o mar en Galicia significa protexer a nosa esencia. Poucos pobos saben tanto do mar coma o galego e en Mar de Mares queremos lucir a nosa identidade atlántica. Deseñamos unha programación que pon en valor a nosa alma mariñeira. Desde os paseos pola cidade-barco, con Xurxo Souto, que nos desvelará segredos da relación da Coruña co mar, pasando polo Cru e o Cocido, unha visita á poxa da lonxa, con almorzo mariñeiro incluído, ou as saídas en veleiro pola baía con Cociña a bordo e A Coruña desde o mar.

No Mercado do Mar poderemos coñecer, probar e comprar produtos producidos baixo estritos criterios de sustentabilidade e coa visita á praia na intermareal, En busca del Tesoro , público familiar y estudiantes de secundaria conocerán la fauna y flora que esconden nuestras playas. La música no puede faltar en una celebración y la Orquestra Reusónica Trío onvídanos a fabricar os nosos propios instrumentos con residuos, despois de realizar unha limpeza na praia de Orzán, e ofreceranos un concerto cos seus instrumentos reciclados. O mar é unha inesgotable fonte de inspiración para os artistas e, coa exposición Somos Mar II achegámonos ao sentir de creadores galegos contemporáneos para os que o océano é unha peza importante nas súas obras. E, se falamos de inspiración, este ano volveremos viaxar a mares afastados coas historias do Ocean Film Fest, que chega á Coruña por terceiro ano consecutivo e no que xentes de todas as partes do mundo nos transmiten, a través das súas películas curtas, a súa paixón polo océano. Se queres seguir con máis historias, non esquezas pasar polas Bibliotecas Verdes e buscar o punto de interese Un mar de libros, onde atoparás unha chea de relatos mariños. E, se es máis de acción, podes atreverte coa experiencia de nadar en augas abertasunha proposta deportiva de moda que fará que te poñas en forma mentres te empapas de salitre. Benvidos a bordo de Mar de Mares 2021!

Onde se celebra?

Só na Coruña podería ter lugar un festival coma Mar de Mares. Rodeada de mar, a súa configuración xeográfica, o seu porto, a súa historia mariñeira, o seu paseo marítimo de 13 quilómetros —o máis longo de Europa— convértena nun escenario perfecto para reivindicar o mar como un dos grandes motores económicos, culturais e de lecer de Galicia. O Festival utiliza a fachada marítima da Mariña e Parrote, onde ademais das actividades ao aire libre está a Fundación Paideia, cuxo auditorio é unha das sedes para as actividades en espazo pechado. Os museos científicos súmanse de novo como sede e este ano tamén teremos presenza fóra da cidade, na capela de San Roque en Sada. Tamén aproveitamos as praias da cidade e a súa contorna para empaparnos de salitre.

E poderás degustar o sabor do mar coruñés coas creacións de diversos cociñeiros locais, que inspirado por Angel León e Javier Olleros, realizarán un bocado mariñeiro que maride coa cervexa1906. Non te perdas os Mar-idaxes 1906, o roteiro gastronómico sostible que une o mellor do mar e a terra galegos.

Se es de fóra da cidade, consulta a sección Ven á Coruña para informarte dos descontos que poñemos á túa disposición para a túa viaxe, así como das distintas opcións de aloxamento. Para coñeceres todos os recantos da Coruña que non podes deixar de visitar, consulta a web oficial de Turismo da cidade: www.turismocoruna.com.

Benvidos á oitava edición do Festival Mar de Mares. Todo listo para esta nova travesía.

Quen o organiza?

O Festival Mar de Mares está organizado pola Asociación Redes de Sal e conta co apoio de diversas institucións públicas, como o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, pero tamén recibe patrocinio privado e conta coa colaboración de numerosas institucións que traballan no eido mariño.

Redes de Sal é unha asociación sen ánimo de lucro que nace co fin de defender e fomentar o patrimonio mariño das costas en xeral e do Golfo Ártabro en particular, poñer en valor a riqueza natural e cultural que xeran os nosos mares e promover unha nova relación, máis amable e sustentable, da cidadanía co océano.

Máis información en www.redesdesal.org.

Dirección
Merce Carballo

Comisariado
Silvia Oviaño

Coordinación
Luis Cousillas

Comunicación
Christian Sellés

Dirección creativa, deseño e audiovisual
Óscar Górriz

Para obter máis información, escribir a info@festivalmardemares.org