Project Description

Yayo Herrero: claves para un novo modelo económico e social

Antropóloga, enxeñeira agrícola, educadora social e profesora da Cátedra Unesco de Educación Ambiental e Desenvolvemento Sustentable da UNED, Yayo Herrero é unha das voces máis relevantes da nova ecoloxía social e do ecofeminismo. No seu encontro co público, Yayo alertará sobre a necesidade dun cambio de modelo económico e político para combater a crise ecolóxica e o cambio climático e poder cumprir os obxectivos para o desenvolvemento sustentable da ONU, especialmente o número 14, que pon o foco na obrigación de respectar a biodiversidade mariña, un ecosistema do que depende a vida de millóns de persoas.

Reserva

Entradas agotadas