• Sábado 8 xuño

  • 14:00 h
  • Mercado de San Agustín

  • Público xeral.

  • Entrada de balde

Xurxo Souto. X AÑOS DE «CONTOS DO MAR DE IRLANDA».

Xurxo Souto é un dos colaboradores máis queridos e icónicos do Festival. Os seus Paseos pola cidade-barco é unha das actividades que máis rápido esgota as prazas dispoñibles. Por iso, e porque é un cantor e cronista único da cidade da Coruña, este ano súmase ao Mercado co seu acordeón para celebrar o décimo aniversario da publicación do seu libro «Contos do mar de Irlanda» (historias do mar con epicentro na Coruña e o Gran Sol) combinando contos e cancións coa interactuación co seu público. Servirá, ademais, como homenaxe a Serafín Mourelle, o patrón, natural de Corme, que lle partillou no seu momento moitas desas historias.

Colaboran: