Project Description

  • Visita intermareal
    11 de outubro de 11:00-13:00h
    Encontro
    Semana do 3 de Outubro
  • Técnicos do Centro Oceanográfico da Coruña

  • As Xubias (visita)
    Centro educativo (encontro)
  • Estudantes de secundaria e bacharelato (50 estudantes dun único centro educativo)

  • Gratuita, previa inscripción enviando correo a info@festivalmardemares.org

VISITA INTERMAREAL PARA ESTUDANTES E ENCONTRO INSPIRADOR IEO

A clase máis entretida do ano! Os estudantes de secundaria e bacharelato/ciclos formativos terán a oportunidade de aprender a recoñecer a fauna que se esconde baixo a area da praia e que só vemos cando a marea está no seu punto máis baixo. Acompañados dos técnicos do IEO, os escolares iniciaranse no mundo das especies mariñas do ecosistema local de costa, á vez que coñecen máis de preto o ámbito profesional dos biólogos mariños e oceanógrafos.

Esta actividade terá un extra engadido que fará a visita aínda máis proveitosa: o alumnado iniciarase no mundo das especies mariñas cunha charla que impartirá no seu centro un dos biólogos mariños do Instituto Oceanográfico, e que tamén lles servirá para coñecer os distintos labores desta profesión.

Colaboran:

Contido similar