• Lunes 30/10/23
    (+visita a centro educativo en fecha a confirmar)

  • Técnicos de Centro Oceanográfico de A Coruña

  • As Xubias e Centro educativo

  • Estudiantes de secundaria (50 participantes de un solo centro). Gratuita, previa inscripción enviando correo a info@festivalmardemares.org

VISITA INTERMAREAL PARA ESTUDANTES E ENCONTRO INSPIRADOR CON IEO

A clase máis entretida do ano! Os estudantes de secundaria e bacharelato/ciclos formativos terán a oportunidade de aprender a recoñecer a fauna que se esconde baixo a area da praia e que só vemos cando a marea está no seu punto máis baixo. Acompañados dos técnicos do IEO, os escolares iniciaranse no mundo das especies mariñas do ecosistema local de costa, á vez que coñecen máis de preto o ámbito profesional dos biólogos mariños e oceanógrafos.
Esta actividade terá un extra engadido que fará a visita aínda máis proveitosa: o alumnado iniciarase no mundo das especies mariñas cunha charla que impartirá no seu centro un dos biólogos mariños do Instituto Oceanográfico, e que tamén lles servirá para coñecer os distintos labores desta profesión.

Atención! Por mor das mareas, esta actividade desenvólvese en datas posteriores ó Festival.

Colaboran: