UN MAR DE LIBROS
A vida colle nun libro. E os mares, tamén: aventuras imaxinarias, historias reais de viaxeiros que se enfrontaron ao mar, lendas mariñeiras, contos para nenos e non tanto… Se queres vivir o mar dunha forma diferente, enrólate na túa biblioteca municipal, onde atoparás un Punto de Interese con todo tipo de libros sobre os océanos.
Na libraría Bululú, coñeceremos (21 de setembro, 19:00 h) de primeira man o libro Otro Mar, de Jesús Busto, un resumo de como mudou a visión que tiñamos do mar en Galiza. Ata os anos 60 o mar significaba risco e morte na pesca, traballo nos estaleiros e na mariña mercante e familias separadas pola emigración. Entón, chegou o surf e o mar pasou a ser un espazo para o deporte e, sobre todo, de liberdade. Otro mar ofrécenos o relato daqueles que descubriron un mar diferente e nolo regalaron.
Na FNAC tamén poderás atopar unha selección de vídeos e libros sobre o mar.
Colaboran:




Contido similar