• Domingo 24/09/23
    12:00 – 12: 45 h

  • Diego Domínguez, cociñeiro do restaurante A Ostrería

  • Espazo Mar de Mares. Mercado Mar de Mares, explanada do Parrote

Showcooking: Tesouros das nosas rías

A Ostrería é un restaurante especializado en mariscos, bivalvos e peixe fresco localizado no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, segundo lugar máis visitado da capital galega por locais e visitantes. Da man de PescadeRías, selo de calidade da Xunta de Galicia que garante produto procedente da flota artesanal galega, ofreceranos elaboracións e degustacións en directo dalgúns dos tesouros das nosas rías.

Colaboran: