Ser Cetáceo
O abraiante inverno do animal de fondo
Baseada no libro Ser Cetáceos (Ed. Bululú) de Francisco X. Fernández Naval, a exposición presenta as características e costumes destes animais, pero tamén analiza a relación do ser humano con estes xigantes mariños ao longo da historia, desde as representacións en pedra, aos pesadelos en forma de Leviatán e o ciclo de Jonás no interior da balea, ademais da industria que se monta ao redor da caza dos cetáceos. A mostra dá a posibilidade de coñecer a personaxes únicos como Luís Monteagudo ou Urbano Lugrís e introdúcenos nunha Galicia que celebraba a aparición dunha balea nas súas costas e contaba cunha industria baleeira en Caneliñas.
Colaboran:


Contido similar