Project Description

- Del 15/09 al 16/10
Herbert Ponting & Frank Hurley
Dársena da Mariña
- Público xeral. Entrada Gratuita
UN LUGAR FRÍO E SOLITARIO. AS VIAXES DE SCOTT & SHACKLETON AO POLO SUR.
Os británicos Scott e Shackleton estaban chamados a conquistaren a gloria dos grandes aventureiros do século XX. Con todo, as expedicións de ambos á Antártida acabaron en senllos fracasos. Ademais de sufrir a humillación de saber que o noruegués Amudsen chegara ao polo antes ca el, Scott e os catro homes que o acompañaron morreron conxelados en marzo de 1912. Os seus corpos foron atopados oito meses despois.
En 1915, Shackleton partiu de Inglaterra, facendo escala en Vigo, co obxectivo de atravesar o Polo Sur. Porén, o Endurance quedou atrapado polo xeo e a tripulación tivo que abandonar o barco e sobrevivir durante meses ás xélidas temperaturas e á escaseza de alimentos. Aínda así, Shackleton logrou salvar os 27 homes da tripulación.
A pesar de non lograr o seu obxectivo, as dificultades polas que pasaron e os coñecementos científicos que achegaron sobre a Antártida convertéronos en auténticos heroes, tanto que a súa fama ensombreceu a fazaña de Amudsen. Por primeira vez en España, e no ano en que se localizaron os restos do Endurance baixo as augas do mar de Weddell, veremos imaxes das dúas expedicións tomadas por dous grandes fotógrafos da época, Herbert Ponting e Frank Hurley. A mostra presenta unha combinación de paisaxes de impresionante beleza que contrastan coas fotografías das duras condicións de vida de ambas as tripulacións. Quizais nelas poidamos atopar a resposta ao grande enigma. Que é o que leva a unha persoa a lanzarse a unha aventura tan extrema?
Se vivísemos, debería contar a historia da audacia, resistencia e coraxe dos meus compañeiros.
> Fotografías: Herbert Ponting y Frank Hurley /Royal Geographic Society
Colaboran: