• Sábado 23/09/23 e domingo 24/09/23.
    De 11:30 h a 13:30 h

  • Mar Abaixo

  • A Mariña

Ruta salgada Mar de Mares

Paseo gastronómico en veleiro pola baía

O obxectivo desta ruta gastronómica a bordo do galéon galego Punta Pragueira é coñecer o patrimonio gastronómico vinculado a Galicia e o seu sabor atlántico, cunha experiencia gustativa a bordo.

Tras unha navegación en veleiro pola baía da Coruña, previa explicación sobre a contorna e a embarcación tradicional galega, dirixida polo biólogo mariño e patrón Xandro García, fondearemos a embarcación nun lugar tranquilo. Rematamos esta excursión cunha degustación a bordo de produtos de proximidade relacionados co mar.

As entradas para esta actividade sortearanse nas redes sociais do festival a partires do sábado 9 de setembro. Síguenos! FacebookX’sInstagram

Colaboran: