Project Description

Planet Ocean: La odisea de descubrir o mar

Cando se proxectou a rodaxe desta película, o coñecido fotógrafo de A terra vista desde o aire, Yann Arthus- Bertrand, tiña tres obxectivos: crear unha historia que cambiase a nosa forma de ver o océano, descifrar de forma sinxela os enigmas do medio natural máis grande do planeta e, por último, axudarlles aos nenos e ás nenas a creren nun futuro mellor e máis sostible. O resultado é Planet Ocean, unha proxección de impresionante beleza que describe a moderna odisea de quen tenta entender o planeta azul.

A proxección de Planet Ocean estará precedida da estrea dun breve documental, As veas da terra, producido polo Festival Mar de Mares e dirixido por Óscar Górriz para a Cátedra Emalcsa-UDC, que narra o valor do ecosistema da bacía hidrográfica pola que discorre a auga que bebemos na comarca da Coruña.

Outros eventos suxeridos:

Reserva

Entradas agotadas