Project Description

Palabras que baten coma ondas: Nacho Carretero e Domingo Villar

Dous escritores galegos con dous rexistros moi diferentes, o do xornalismo de investigación e o da novela negra. Porén, tanto en Fariña, de Carretero, coma na saga do inspector Caldas, o mar de Galicia está moi presente. Os dous autores compartirán co público experiencias e anécdotas dunha longa traxectoria no mundo das letras.

“No Vigo da miña infancia, dous trazos comúns nos irmandaban a todos os nenos: a emigración e o mar. En todas as casas había alguén que marchou na busca de fortuna; en todas, alguén traballaba nalgún dos oficios do mar”.
Domingo Villar

“No meu caso, como emigrante en Madrid desde hai 15 anos, o mar é a orixe, o retorno, o reencontro. Unha sorte de eixe sobre o que pivota todo o demais e do que non podo nin quero afastarme. É tamén o elemento desde onde parte case todo o relacionado co meu traballo en Galicia. Cando non é protagonista directo, o mar é a explicación, o desencadeamento ou a conclusión”.
Nacho Carretero.

 

© Foto Nacho: Miguel González

Outros eventos suxeridos:

Reserva

Entradas agotadas