Project Description

Bautismo de pádel surf. Se aínda non coñeces este deporte, agora é o momento de probalo, só necesitarás un pouco de equilibrio e ganas de gozar das vistas da ría da Coruña. O equipo da escola Bitácora Paddle Surf impartirá un curso básico de navegación e posición sobre a táboa que che dará as claves para iniciarte neste deporte.

Travesía en pádel surf.: Se xa tes nocións básicas, poderás refrescar o teu corpo e a túa mente mentres realizas unha travesía con baixa dificultade pola zona da praia de Santa Cristina.

Información e reservas: no teléfono 619 100 370 indicando que queres a opción bonificada «Festival Mar de Mares». Recoméndase levar traxe de baño e toalla. A actividade inclúe táboa de pádel surf, pa, garda de roupa e seguro. Se necesitas un neopreno, poderás alugalo por 1,5 €. É necesario saber nadar.

Outros eventos suxeridos: