Project Description

Concerto ORT: Música dende o insólito

Por causas climatolóxicas este concerto celebrarase no centro Agora (Av. Gramela, 17) e dará comezo ás 20:30

Tocan, beliscan e sopran calquera obxecto susceptible de ser soprado, beliscado ou tocado: son instrumentos realizados por estes insólitos músicos con materiais de reciclaxe; desde rodas de bicicleta ata táboas de surf. A Orquesta Reusónica Trío ofrecerá un concerto de world jazz onde as obras orixinais fusiónanse con temas populares de España, Sudamérica, ou do Mediterráneo....Todo un percorrido de músicas que tamén pretende sensibilizar á audiencia sobre a necesidade de cambiar de hábitos para a redución da nosa pegada ambiental.

Web