Project Description

Ocean Film Festival: toma un baño de inspiración mariña

Sete historias cativadoras sobre o mar nas que os seus protagonistas nos falarán da súa paixón polo océano e de como este cambiou as súas vidas. Baleas e osos polares mestúranse con submarinistas, surfeiros ou activistas ambientais. Descubre o mar como fonte de inspiración e escenario de infinitas aventuras.

A proxección terá unha breve presentación e un descanso de dez minutos. Proxectaranse as seguintes películas:

  • A Corner of the Earth (24’) A paixón polo surf nas temperaturas extremas de Islandia.

  • Bare Existence (19’) Sete días xunto aos científicos da protectora do oso polar PBI.

  • Camel Finds Water (8’) O surfeiro Trevor Gordon viaxa coa súa barca Camel na busca da ola perfecta.

  • Me and the Sea (4’) (4’) A paixón dunha mergulladora polas profundidades do océano.

  • Swimming with Giants (9’) Que sente un ao nadar con baleas corcovadas?

  • The Passage (25´) En 1974, un grupo de pioneiros viaxou desde Washington a Alaska nas canoas construídas por eles mesmos!

  • Deep in Polynesia (38′) Historias de mergullo nun dos lugares máis fermosos do planeta.

Outros eventos suxeridos:

Reserva

Entradas agotadas