Project Description

Toma un baño de inspiración mariña

Nove historias cativadoras sobre o mar as que os seus protagonistas nos falarán da súa paixón polo océano e de como este cambiou as súas vidas. Leóns mariños, surfistas que perderon un brazo, pescadores que se enfrontan ás mareas de plástico, mergulladoras que nadan con golfiños, carreiras de veleiros en Alaska… Todo isto e moitas emocións máis caben en Ocean Film Fest. Descubre o mar como fonte de inspiración e escenario de infinitas aventuras.

As películas proxectaranse en VSO con subtítulos en castelán. O acto terá unha breve presentación e un descanso de 10 minutos.

  • Rebirth (6’) Francia. O surf é máis ca sucar ondas sobre unha táboa. É perseveranza e loita. Son os valores nos que se apoiou o surfeiro Benoit para saír de novo a surfear tras perder un brazo.

  • Voice above water (11’) USA. Wayan Nyo non pode ir pescar pola cantidade de plásticos no mar. Porén, aos seus 90 anos decide actuar. Un canto á esperanza e unha invitación a traballarmos xuntos para mellorar o mundo.

  • Kate Kamshikova. The sea to me. Chegou a Irlanda hai 15 anos, cando era aínda unha nadadora moi insegura. Hoxe, coa axuda da súa familia e dun golfiño local solitario, converteuse nunha mergulladora experimentada.

  • Race to Alaska. A emocionante aventura de culminar unha carreira de barcos construídos polos seus donos que teñen que percorrer 1200 quilómetros pola pasaxe interior sen uso de motores nin asistencia externa.

  • Yarrow. Fermoso e emotivo documental sobre o proceso do fotógrafo artístico David Yarrow de capturar a fotografía perfecta en South Xeorxia, Antártida.

  • Me and the sea (12’) Australia. Franziska iníciase no mergullo e descobre a súa técnica, pero sobre todo o espírito de aventura e liberdade de mergullar baixo as augas.

  • Matador (3’) USA. Hai que velo para crelo, un filme trepidante con fantásticas ondas e unha banda sonora marabillosa.

  • From Kurils with love (24’) USA. Unha viaxe íntima e dunha gran beleza visual ao arquipélago das Kuriles (Xapón).

  • Changing tides (17’) Australia. A viaxe en kaiak de dúas amigas que percorren 2042 quilómetros pola costa de Alaska e Canadá.