• Domingo 24/09/2023
    12:00 – 14:00 h.
  • Ocean Film

  • DOMUS

OCEAN FILM FEST

 

Volve a mellor selección de filmes mariñeiros. Sete historias cativadoras nas que os seus protagonistas nos falan da súa profunda relación co mar. Descubre o océano como fonte de inspiración e escenario de múltiples aventuras.

Proxección 1: Broken breath. (Giovanni Boaretto & Mike Maric)

Italia, 24 min. Temática: buceo

O campión italiano de mergullo libre, Mike Maric, atópase no bico da súa carreira cando ocorre un fatal accidente que deixa o seu mundo en anacos. No proceso para atoparse a si mesmo, descobre o poder e a importancia da respiración. Desde o seu encontro cos mamíferos mariños ata o autodescobremento, este filme segue o proceso de como o trauma poder ser unha oportunidade para atopar o renacemento.

Proxección 2: The storm chaser. (Jack Pirie)

UK, 7 min. Temática: kitesurf

O cineasta Jack Pirie acompaña o cazador de tormentas Thomas Traversa mentres se embarca nunha perigosa viaxe na procura dunha tormenta mítica que o mundo nunca presenciou. Un documental, que desdebuxa os marcos do xénero, sobre os encontros profundos entre humanos e a natureza extrema, e a harmonía que se pode atopar no seu interior.

Proxección 3: Whale Dreaming (Northern Pictures)

Australia, 5 min. Temática: Cultura mariña

Warren Ngarrae Foster, un ancián de Djirringanj do país de Yuin, comparte como a súa xente conectou coas quenllas e os golfiños da área durante xeracións, considerándoos parte da súa familia. Unha celebración visualmente impresionante da convivencia entre unha antiga cultura e especies igualmente antigas de vida mariña.

Proxección 4: In search of a frozen ocean (Diana Kushner & Stephen A. Smith)

EE.UU. 35 min. Temática: Exploración e conservación dos océanos.

A quinientas millas náuticas del Polo Norte, dentro de la «Última área de hielo» del Océano Ártico, un equipo de investigación se ha propuesto medir los témpanos de hielo marino más grandes y antiguos del mundo. Steve es un líder de expedición que ha dirigido proyectos en el Alto Ártico durante 40 años. Chris es un oceanógrafo polar que estudia los témpanos de hielo en un laboratorio de Harvard. Conocen los datos, los modelos, la ciencia. Nada de eso los ha preparado para la verdad sobre el terreno. Los témpanos a su alrededor se están desmoronando, colapsando. No hay forma de avanzar ni de volver atrás, apenas son pequeños puntos en la naturaleza ártica.

Proxección 5: Skin swimmer (Hannah Walsh)

Canadá, 7 min. Temática: natación extrema

Ao erguerse, nunha mañá fría e chuviosa de Vancouver, a maioría das persoas optan por quedar na casa tomando un café quente. Non é o caso de Roberta Cenedese, as súas mañás son ben distintas. Nada máis espertar, diríxese ao océano para mergullarse nas xeadas augas do noroeste do Pacífico, con só un traxe de baño. Roberta adestra para unha das fazañas máis desafiantes nos deportes extremos: nadar unha milla náutica en auga xeada a tres graos. Como compañeiras, as focas da zona.

Proxección 6: Corners of the earth: Kamchatka. (Spencer Frost & Guy Williment)

Australia, 38 min. Temática: surf extremo

Acompaña os cineastas Spencer Frost e Guy Williment e os surfistas Letty Mortensen e Fraser Dovell na súa viaxe a Kamchatka, no extremo leste de Rusia, na procura de novas ondas ao longo da costa conxelada e inexplorada. Bordeada polo Océano Pacífico e o Mar de Okhotsk por máis de 150 volcáns (29 activos), a península de Kamchatka no Lonxano Oriente de Rusia é tan remota como única. Despois de dous anos de planificación, a viaxe case rematara antes de comezar: unha hora antes de abordar o seu voo a Moscova, Rusia invadiu Ucraína. No momento no en que o mundo estaba vendo o peor da natureza humana, estes exploradores voaron detrás da cortina de ferro e atoparon, para a súa sorpresa, o mellor dela.

Proxección 7: Salty sea dogs. (Jemima Robinson & Whitney Oliver)

Australia, 8 mins. Temática: Surf

Mergúllate no extraordinario mundo de Spike, o can surfeiro. Spike, un rescatado de case 15 anos que fixo un nome como campión de cans de surf. Un día, para sorpresa do seu humano, Spike lanzouse ás ondas pola súa conta e tras descubrir a súa habilidade natural para manexar a táboa, xa non houbo marcha atrás.

Colaboran: