Nacho Dean
O camiñante do mar
Unha exposición, un documental e unha charla cun home que deu a volta ao mundo camiñando, uniu os cinco continentes a nado e acaba rematar a volta a España, navegando en veleiro científico. Todas as expedicións do naturalista e explorador Nacho Dean teñen un obxectivo, concienciar sobre a necesidade de preservar o planeta e os seus océanos e estudar a contaminación mariña.
Coa exposición O noso fogar: a Terrapoderás ver as imaxes da súa primeira aventura, a volta ao mundo a pé, e tras a proxección do documental O camiñante do mar, sobre a súa experiencia unindo os continentes a nado, Nacho Dean charlará con Isabel López-Rivadulla das súas experiencias, motivacións e próximas accións a favor do medio ambiente.
Despois do encontro, Nacho Dean asinará exemplares dos seus libros La llamada del Océano e Libre y Salvaje.
*A exposición O noso fogar: a Terra poderase visitar desde o xoves 21 ata o domingo 24 de setembro na Domus.
Colaboran:



Contido similar