• Domingo 8 de xuño

  • 19:00 – 20:00

  • Big Van Ciencia

  • Domus

  • Público xeral

  • Entrada de balde ata completar prazas dispoñibles.

MONÓLOGOS BIG VAN CIENCIA

A mellor maneira de entender e gozar da ciencia, os divertidos monólogos de Big Van Ciencia. Os investigadores deste aloucado colectivo contarannos os segredos do mar da forma máis entretida. Porque a ciencia con risa entra.

Big Van Ciencia é unha organización sen ánimo de lucro para a promoción da ciencia, a cultura e a educación a través das artes escénicas.. Ten o claro obxectivo de transformar a cultura científica nun produto atractivo para todos os públicos a través do teatro, as historias, e o humor. O seu traballo foi recoñecido por organizacións como a Comisión Europea, a UNESCO, Ministerios e Universidades Españolas, Europeas e Americanas.

Colaboran: