• Sábado 23/09/23 de 11:00 am a 22:00 pm e Domingo 24/09/23 de 11:00 am a 21:00 pm

  • Explanada do Parrote

  • Público xeral. Entrada gratuita.

Con moito amor e respecto polo océano, así son os produtos mariñeiros que poderás degustar e comprar no noso Mercado do Mar, sexa marisco, conservas, artesanía… Ademais, tamén poderás gozar de showcookings, concertos, talleres e outras actividades para todos os públicos. Este ano volve ao Parrote, o seu lugar natural, un mercado máis grande, máis bonito e máis festivo. O mellor lugar para celebrar os nosos mares.

A continuación, poderás ver a programación de actividades e os expositores presentes.

Se queres participar en calquera dos obradoiros, inscríbete de balde no Espazo Mar de Mares desde as 11 da mañá.

Programación

setembro

Expositores

Mergullo. Sostibilidade no turismo. Experiencias para gozar da natureza desde o respecto.

Marcos Pérez García. Escaparatista, pintor artístico, artesán e atípico. Un artista de terra namorado do mar.

Conservas con denominación de orixe protexida Mexillón de Galicia, co certificado Craega de produción ecolóxica.

Sol Mariño, artista multidisciplinar, que se agocha detrás de Cando Chove E Fai Sol, amosaranos no mercado dende prendas serigrafiadas ata láminas realizadas coas súas propias fotografías.

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños amosará o seu traballo como ONG ambiental galega, funcionando dende 1990, dedicado ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia.

Conservas e afumados de peixe de elaboración artesanal, con especial dedicación aos produtos do mar de Arousa.

Conservas de peixe e marisco de alta calidade das Rías Galegas, combinando a artesanía e a tradición nos procesos de produción e respectando as épocas de captura e o contorno natural.

A máis exquisita variedade de comida vexetariana que podes atopar na Coruña.

Elaboración de xoias, bixutería e complementos persoais de forma artesá empregando elementos da natureza.

Ecoturismo coruñés a bordo do Punta Pragueira. Actividades en barco, concertos a bordo, rutas gastronómicas mariñeiras e máis.

Posto montado no Mercado de San Agustín, que ofrece comidas e bebidas para levar ou tomar alí neses momento dos petiscos de media mañá, nos que intentan traballar sempre co produto da propia praza.

Algas naturais da costa de Galicia. Cultivo e recolleita manual sostible con certificado ecolóxico.

Renovación de antigas redes e reciclaxe en creacións artesás.

Produtos de limpeza e coidado persoal, sostibles e a granel para non contaminar o mar.

Román Romeral crea pezas artesanais como láminas, cadros ou figuras, con residuos atopados nas praias coruñesas.

Móbiles de personaxes do mar montados en paus recollidos nas praias galegas.

Detrás de Tombo Bags atópase Sara Formoso, que crea bolsos e complementos dándolle unha segunda vida a velas de barcos reutilizadas.

Falar de Waves é falar do mar. Unha marca nova de roupa galega con conciencia ecolóxica que amosarán na súa liña Eco-Waves.

Mariñeiro, ilustrador e poeta do mar. O seu último libro, Nación Mar, combina os seus tres quefaceres nunha creación artística única.

Colaboran