Project Description

Ao bordo do mar e coa area da praia en contacto coa nosa pel, nesta clase maxistral traballaremos a danza como manifestación de pracer e exploraremos a relación do noso corpo coa natureza. Baseándonos na improvisación como ferramenta, a través da respiración e do movemento, descubriremos a sensación, o impulso e a relación entre o mar, a terra e o aire. Unha actividade aberta a todos os públicos, na que non é necesaria experiencia previa, só interese, curiosidade e ganas de experimentar as posibilidades expresivas dos nosos corpos, apoiándonos nos excepcionais bailaríns que integran a compañía de Camille Hanson.

Bailarina, coreógrafa e profesora de danza, en 2002 trasladouse a Madrid e fundou o proxecto Ladinamo Danza. Traballou con varias compañías entre Europa e os Estados Unidos, como Minnesota Dance Theater, Elena Córdoba, Doug Elkins, Chema de la Peña, e o prestixioso coreógrafo neoiorquino Paul Thompson. Colabora con diversas asociacións ecoloxistas e, desde 2008, traballa co artista visual Juan Carlos Arévalo fusionando a danza, a fotografía e a videocreación. As súas pezas interdisciplinarias propoñen romper o por que e onde ocorre a arte e apelan á pertinencia da danza para construír un mundo mellor. O seu traballo We Earth púidose ver no Cume do Clima das Nacións Unidas COP25.

Camille Hanson ofrecerá, por primeira vez en Galicia, o seu espectáculo Earth. Sea. Sky en Mar de Mares, o sábado 26 de setembro, ás 20 horas,

Reserva

Entradas agotadas