O CRU E O COCIDO
Mentres A Coruña dorme, na lonxa ten lugar unha trepidante poxa. En cuestión de minutos, toneladas de peixe acabado de chegar a porto pasarán das mans dos pescadores ás das peixeiras da praza e ás das empresas comercializadoras. A unha velocidade de vertixe, os expertos poxadores colocan a mercadoría no mercado. Se pestanexas, pérdelo. Con todo o peixe vendido, coñeceremos os segredos deste gran mercado da man dos seus responsables e gozaremos dun almorzo mariñeiro a cargo do cociñeiro de NaDo, Iván Domínguez, combinado co maridaxe especializado das distintas variedades de Estrella Galicia.
Colaboran:
Contido similar