Project Description

Mentres A Coruña dorme, na lonxa ten lugar unha trepidante poxa. En cuestión de minutos, toneladas de peixe acabado de chegar ao porto pasarán das mans dos pescadores ás das peixeiras da praza e das empresas comercializadoras. A unha velocidade de vertixe, na que non se pode nin pestanexar para non perder detalle, os expertos poxadores colocan a mercadoría no mercado. Con todo o peixe vendido, coñeceremos os segredos deste gran mercado da man dos seus responsables e gozaremos dun almorzo mariñeiro a cargo de Javier Ozores, vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía.

Recoméndase calzado pechado e que non escorregue
Punto de encontro na entrada do edificio da Lonxa

Outros eventos suxeridos:

Reserva

Entradas agotadas