LABIRINTO MAR; HISTORIAS DUN PAÍS DE COSTA
A escritora Noemí Sabugal e o fotógrafo Pablo J. Casal percorreron o litoral de España para afondar na relación que temos co mar que nos rodea, unha viaxe na que recopilaron conmovedoras historias de xentes do mar moi diversas e que quedaron plasmadas en Laberinto Mar. Neste encontro poderemos gozar tamén das imaxes de Pablo J. Casal, moitas delas nunca expostas nin publicadas.
Noemí Sabugal (Santa Lucía de Gordón, León, 1979) é autora dos ensaios Hijos del Carbón e Laberinto Mar. Publicou tamén as novelas: El asesinato de Sócrates, Al acecho e Una chica sin suerte. Colabora con varios medios de comunicación, como El País e a revista Rockdelux, e baixo o título Flores prensadas, recolleu unha selección das súas columnas en prensa.
Pablo J. Casal (A Coruña, 1975) é autor das fotografías dos ensaios Laberinto mar (Alfaguara, 2024) e Hijos del carbón (Alfaguara, 2020). As súas imaxes e ilustracións apareceron en revistas e periódicos como FronteraD, Zenda, La Nueva Crónica, Quimera, El Corso e A Desk..
Colaboran:


Contido similar






