Project Description

Exposición: SOMOS MAR II

Mar de Mares produce a segunda edición dunha mostra artística, Somos Mar, que tivo lugar por primeira vez no 2015. Artistas galegos ou residentes en Galicia ofrécennos a súa visión do océano e a súa relación cos mares. En distintos formatos, vídeo, escultura, debuxo, instalación e fotografía, estas pezas, creadas especificamente para a oitava edición do Festival, mostrarannos a influencia do mar na arte do noso tempo. A mostra estará complementada con encontros cos artistas.

GALP
Xunta de Galicia