Project Description

Nada en Río de Janeiro, leva o bosque e o océano Atlántico na pel. Aos seis anos mergullouse no mar por primeira vez e experimentou a impresionante sensación de flotar. Desde entón non deixou de estar en conexión con este gran azul, no que se somerxe buscando a orixe da vida. Un mar que está na alma da artista e no interior de todos nós. En Eternal Pélagus móstranos algunhas das imaxes tomadas durante os vinte anos que dedicou á defensa de océanos e bosques en máis de 80 países.

O 25 de setembro ás 12, a autora comentará a súa exposición.

FNAC