Project Description

Exposición: O Mar

Premio Nacional de Fotografía 2016 e World Press Photo 1999 e 2004, entre outros moitos galardóns, o traballo de Isabel Muñoz caracterízase pola unión do seu compromiso social coa procura da beleza. Convencida de que as historias que non se contan non existen, Muñoz utiliza a fotografía como unha ferramenta para sacar á luz historias descoñecidas. Nesta exposición presenta 12 fotografías de gran formato, algunhas delas inéditas, realizadas no Mediterráneo e no Xapón entre 2016 e 2020. A mostra é unha reflexión sobre a relevancia dos océanos na nosa vida, sobre a orixe da nosa existencia e o lugar ao que volvemos na busca da nosa parte máis animal. Muñoz alerta sobre un dos grandes perigos —os residuos plásticos—, unha profunda ferida provocada pola acción do ser humano. A fotógrafa contou coa colaboración de Ai Futaki, récord Guinnes de apnea e documentalista submarina xaponesa, que se apoia nesta modalidade deportiva para transformar a natureza en arte.

Isabel Muñoz protagonizará un encontro inspirador  o venres 25 de setembro na Domus, no que o público poderá coñecer as claves do seu traballo.

Outros eventos suxeridos: