ESPECTÁCULO ESCOLAR BIG VAN CIENCIA
Con moita paciencia e moito sentido do humor, os investigadores de Big Van Ciencia explicarán aos estudantes dun centro escolar da Coruña os mellores trucos da ciencia. Unha actividade estupenda para pasalo ben aprendendo, ademais de animar aos mozos para librarse de prexuízos á hora de enfrontarse a estas materias.
Big Van Ciencia é unha organización sen ánimo de lucro para a promoción da ciencia, a cultura e a educación a través das artes escénicas. Ten o claro obxectivo de transformar a cultura científica nun produto atractivo para todos os públicos a través do teatro, as historias, e o humor. O seu traballo foi recoñecido por organizacións como a Comisión Europea, a UNESCO, Ministerios e Universidades Españolas, Europeas e Americanas.
Colaboran:

Contido similar








