Project Description

  • 15/09 de 18:00-19:00 h
  • Fundación Paideia

  • Público xeral. Entrada gratuíta ata completar aforo.

  • Relatores: Amal Nnechachi, Cartolab (UDC) & Monelos River Revival; Juan Ignacio Niño, Augas de Galicia; Gonzalo Sancho, Presidente Asociación Vaipolorío.
    Modera: Moisés Canle, Director da Cátedra EMALCSA-UDC

ESCONDIDOS E ESQUECIDOS; RECUPERANDO OS RÍOS URBANOS

Galicia súmase ao movemento no ámbito internacional por recuperar os ríos urbanos canalizados no pasado como elementos de mellora paisaxística e de calidade. Neste encontro, reunimos tres representantes de entidades que traballan pola recuperación das canles do río Monelos na Coruña, do Maior en Sada e do Gafos en Pontevedra, que nos falarán do valor patrimonial, histórico, cultural, social e natural que as augas dos ríos levan consigo ata a súa desembocadura no mar e tamén nos explicarán as motivacións, inconvenientes e oportunidades que supoñen en cada caso para as súas contornas.

Colaboran:

Contido similar