Project Description

- 15/09 de 18:00-19:00 h
Fundación Paideia
- Público xeral. Entrada gratuíta ata completar aforo.
Relatores: Amal Nnechachi, Cartolab (UDC) & Monelos River Revival; Juan Ignacio Niño, Augas de Galicia; Gonzalo Sancho, Presidente Asociación Vaipolorío.
Modera: Moisés Canle, Director da Cátedra EMALCSA-UDC
ESCONDIDOS E ESQUECIDOS; RECUPERANDO OS RÍOS URBANOS
Galicia súmase ao movemento no ámbito internacional por recuperar os ríos urbanos canalizados no pasado como elementos de mellora paisaxística e de calidade. Neste encontro, reunimos tres representantes de entidades que traballan pola recuperación das canles do río Monelos na Coruña, do Maior en Sada e do Gafos en Pontevedra, que nos falarán do valor patrimonial, histórico, cultural, social e natural que as augas dos ríos levan consigo ata a súa desembocadura no mar e tamén nos explicarán as motivacións, inconvenientes e oportunidades que supoñen en cada caso para as súas contornas.
Colaboran:

Contido similar