Project Description

Enerxías renovables, a clave para un futuro verde e azul

Cando falamos de enerxías do futuro, pensamos en verde. As renovables van gañando terreo no mercado, pero aínda son grandes descoñecidas para a maioría. Son tan limpas como nolas venden? Como se xeran? Poderemos vivir só de renovables? Tres expertos de Nosa Enerxía S. Coop. Galega, Greenalia, que representan distintas compañías produtoras, vendedoras e comercializadoras e ao coñecemento sobre regulación enerxética da UDC, moderados por Guillermo Iglesias, Profesor de Economía Ambiental na Facultade de Económicas da UDC, darannos as claves para entender a importancia que para o noso futuro representa a transición enerxética e o potencial do mar na xeración de enerxía renovable.

Intervirán

  • Pablo Álvarez Fernández, Vicepresidente (Nosa Enerxía)
  • Antonio Fernández-Montells, Director Financiero (Greenalia)
  • Anxo Ramón Calvo Silvosa, Coordinador do Grupo de Investigación GREFIN (UDC)

Moderados por Guillermo Iglesias Gómez, Profesor de Economía Ambiental na UDC

Outros eventos suxeridos:

Reserva

Entradas agotadas