Project Description

Unha excelente oportunidade para que os estudantes do ámbito xeográfico do golfo ártabro sur, na provincia da Coruña, coñezan vías profesionais vencelladas ao mar. Estes encontros inspiradores ofrecen un enriquecedor intercambio con xentes da zona ligadas ao mar e fomentan un achegamento a distintos oficios relacionados con el. Dez sesións nas que estes profesionais acoden aos centros educativos e interactúan co alumnado transmitindo a paixón polos seus oficios. Charlas frescas nas que o profesional do mar estará acompañado dun educador que axudará a crear un ambiente dinámico, participativo e inspirador.Estes son os ámbitos profesionais que se poden escoller:

Ciencia e mar: Sesión cun biólogo mariño/oceanógrafo.

Mulleres e mar: Sesión cunha profesional do mar, resaltando o relevante papel das mulleres nun mundo tradicionalmente masculino.

Emprendemento e mar: Sesión centrada no mar como espazo de emprendemento.

 

GALP
Xunta de Galicia
FEDER Unión Europea