Project Description

Biólogo mariño e explorador de National Geographic, dedicou a súa vida á investigación e ao coidado da vida submarina, especialmente no Mediterráneo. Desde hai nove anos, San Félix traballa en Pristine Seas, de National Geographic, un proxecto que logrou recuperar o ecosistema de 4,5 millóns de quilómetros cadrados de fondos mariños, o que supón o 70 % da superficie protexida do mar.

Bo coñecedor dos problemas que afectan o océano, San Félix compartirá connosco as súas imaxes e coñecementos sobre as áreas mariñas protexidas e a necesidade de iniciativas como Pristine Seas.