Project Description

Mulleres que protexen o mar

É posible realizar un traballo que nos apaixona e axudar a mellorar o mundo? Bárbara Veiga logrouno, documentalista, fotógrafa, reporteira e autora do libro “Sete anos em Sete Mares”, Bárbara Veiga é sobre todo unha activista polos mares, fundadora da “Liga das mulleres polo océano”, un movemento global que promove un mar máis sostible e que reúne mulleres unidas pola misión de comunicar e actuar polos mares. A súa defensa dos océanos levouna a experiencias extremas, como vivir grandes tormentas mariñas, sufrir a abordaxe de piratas en costas africanas e enfrontarse aos pescadores ilegais nas Illas Feroe. Cunha dinámica participativa, Barbara Veiga convidará os estudantes a pasar á acción para mellorar a nosa relación cos océanos.