Project Description

  • 17/09/2022 // 19:00 – 20:00h

  • Exército de Terra
  • Domus
  • Público xeral. Entrada de gratuíta ata completar aforo.

O DESAFÍO ESPAÑOL NA ANTÁRTIDA

 Quen: José Ricardo Pardo Gato, capitán RV adscrito ao MAM e embaixador de Márca Exército, Antonio Montero Roncero, director do Museo Histórico Militar da Coruña, Víctor Mariño Mateos, comandante xefe de base na XXXV Campaña Antártica, e Javier Fonseca, divulgador científico da Voz de Galicia.

Desde os anos 1987-1988, e durante o verán austral, cada ano un destacamento do Exército de Terra e un equipo de científicos do CSIC instálanse na Base Antártica Española (BAE) “Gabriel de Castela”, na illa Decepción, pertencente ao arquipélago das Shetland do Sur. O seu obxectivo, ampliar o coñecemento científico en diversas áreas como a xeoloxía, a xeomorfoloxía e a limnoloxía, ademais de estudar o impacto humano sobre o cambio climático. Todos os relatores coñecen de primeira man a BAE e falarannos da importancia das campañas antárticas nas que España é protagonista, e, en xeral, de como é a vida no lugar máis inhóspito da Terra.

> Fotografías: Exército de Terra

Colaboran: