Project Description

A danza toma as rúas co obxectivo de chamar a atención sobre o cambio climático e a nosa conexión co mar. A compañía da bailarina e coreógrafa estadounidense Camille Hanson chega a Galicia por primeira vez co espectáculo Earth. Sea. Sky unha revisión de We Earth, que se presentó en la Cumbre del Clima COP25 de Naciones Unidas. Earth. Sea. Sky inspírase na interdependencia entre o ser humano e o mundo natural e na necesidade de ampliar a nosa empatía e responsabilidade ambiental.

Bailarina, coreógrafa e profesora de danza, en 2002 trasladouse a Madrid e fundou o proxecto Ladinamo Danza. Traballou con varias compañías entre Europa e os Estados Unidos, como Minnesota Dance Theater, Elena Córdoba, Doug Elkins, Chema de la Peña e o prestixioso coreógrafo neoiorquino Paul Thompson. Colabora con diversas asociacións ecoloxistas e, desde 2008, traballa co artista visual Juan Carlos Arévalo fusionando a danza, a fotografía e a videocreación. As súas pezas interdisciplinarias propoñen romper o por que e onde ocorre a arte e apelan á pertinencia da danza para construír un mundo mellor.

O mesmo domingo 27, Camille e a súa compañía ofrecerán unha master class para a que non é necesaria experiencia previa de danza.

Outros eventos suxeridos:

Reserva

Entradas agotadas