Project Description

Currimar é un obradoiro tradicional radicado en Xove (Lugo). Énchenos de orgullo elixir só o mellor Bonito do Norte “ Thunnus alalunga”, pescado un a un mediante a arte do curricán; esta captura respectuosa, cinguida aos ciclos biolóxicos, garante a sustentabilidade da pesca e evita a sobreexplotación. Na elaboración dos nosos produtos só utilizamos conservantes naturais beneficiosos para a saúde como o aceite de oliva, a auga de mar e o escabeche que garanten a conservación das mellores propiedades do peixe e marisco fresco. Ese é o noso secreto para que saiban a “feito na casa”.

PRODUTOS A SORTEAR:

  • LOMBOS DE BONITO DO NORTE EN ACEITE DE OLIVA 240 g marca CURRIMAR

  • ROLO DE BONITO DO NORTE marca DELECTA MARE