• Domingo 24/09/23 | 13:00 h.
  • Carmen Huidobro e Belén Hinójar

  • Mercado Mar de Mares
  • Público xeral (+18).
    Entrada libre.

CLIMABAR

A peor campaña de comunicación do mundo

Carmen Huidobro e Belén Hinojar están convencidas de que “a Crise Climática contouse coma o cu"e as súas mensaxes ían dirixidas só a unha pequena «burbulla verde» de persoas e non ao público xeral. Por iso montaron Climabar, para falar sobre a crise medioambiental como se fala o importante, nun bar. E en Mar de Mares estarán na sesión vermú do Mercado para abordar o problema desde a proximidade e a autenticidade e para chamar a atención de todas aquelas persoas que nunca empatizaran coa mensaxe. “Non porque non lles preocupe, senón porque quizais non escoitaran a mensaxe correcta».

Colaboran: