Project Description

Atando cabos, enredando, cheirando a mar, escoitando as ondas… e pensando como envolver conservas das boas con algo artesanal e con historia chegamos ás redeiras de Corme, pobo mariñeiro, e xentes entrañables. Cholita Corme é moito máis que unha marca de produtos reciclados, bolsos e mobles, é un anaquiño da nosa historia, é dar unha nova vida e é poñer en valor. É Economía Circular para un novo mundo onde o de sempre ten o seu sitio, onde Reutilizar é Revivir.

PRODUTOS A SORTEAR:

  • 2 bolsas artesanais “cholitas”.