• Sábado 23/09/23 | 9:30 – 11:00 h.

  • Puertas Afuera

  • Contorna Monte San Pedro

Avistamento de aves

Itinerario ornitolóxico San Pedro

Únete a nós nunha tranquila andaina mentres descubrimos, observamos e aprendemos sobre as aves locais e migratorias no Espazo de Interese Natural Local das Illas de San Pedro. Os nosos guías estarán contigo, brindándoche a oportunidade de mergullarte no fascinante mundo da observación de aves, xa sexa como principiante ou para ampliar os teus coñecementos nunha contorna cómoda e accesible para todas/os. Goza da natureza urbana e vive unha experiencia enriquecedora moi preto dos nosos fogares. Aproveita esta oportunidade única de conexión coa vida silvestre nunha contorna tan próxima a ti!

Atención: uns prismáticos, incluso modestos, facilitan a visión e axudan na identificación das distintas especies durante a visita ornitolóxica.

Colaboran: