• Domingo, 16 de xuño
  • 09:00 – 10:30

  • Puertas Afuera

  • Contorna Torre de Hércules

  • Público xeral.

  • Entrada de balde ata completar prazas dispoñibles.

Avistamento aves. Itinerario ornitolóxico Torre de Hércules

Convidámoste a unirte a nós nun apracible paseo matutino mentres descubrimos, observamos e aprendemos sobre as fascinantes aves locais e migratorias no Espazo Natural de Interese local da Torre de Hércules. Os nosos guías estarán ao teu carón, brindándoche a oportunidade de mergullarte no marabilloso mundo da observación de aves, xa sexa que esteas dando os teus primeiros pasos ou desexes ampliar os teus coñecementos nunha contorna cómoda e accesible. Goza da natureza urbana e vive unha experiencia enriquecedora preto do teu domicilio. Non perdas esta oportunidade única para conectar coa vida silvestre e gozar da beleza que nos rodea. Esperámoste para compartir xuntos esta experiencia!

Atención: uns prismáticos, incluso modestos, facilitan a visión e axudan na identificación das distintas especies durante a visita ornitolóxica.

Colaboran: