Project Description
- 17/09 de 13:30 a 14:00
Roald Amundsen
Domus
Gratuíta, ata completar capacidade
AMUNDSEN, VIAXE AO POLO SUR
Ainda que pareza mentira, logramos reunir á exploradora galega e ao aventureiro noruegués nun so acto. Despois da charla con Chus Lago, a primeira española en chegar ao Polo Sur en solitario e tirando dunha zorra, poderemos gozar dunha proxección histórica, a das imaxes que tomou o explorador Amundsen durante a súa viaxe ao Polo Sur. Do mesmo xeito que as proxeccións da época (1912), Lago comentará o filme mentres nos explica por que o noruegués é para ela o mellor explorador do mundo.
Colaboran: